|
Mércores, 16 Maio 2012 11:49 |
A LSWC'12 será o maior evento celebrado en España acerca do software libre cun enfoque profesional e empresarial, e terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, os días 18 e 19 de outubro.
A Asociación de empresas galegas de software libre vén e asumir a organización do evento máis importante sobre software libre que se celebrará en España neste ano. Será a Libre Software World Conference 2012 -LSWC-, que contará co apoio constante de Asolif para converter dous días de encontro nunha importante ferramenta de divulgación de novidades, intercambio de coñecemento e proxectos de futuro en torno ao software libre.
O último precedente dun evento destas características foi a LSWC 2011 que se celebrou en Zaragoza. Tralo éxito da súa organización, agora é AGASOL a que asume a tarefa de traer á capital galega o foco de atención de empresarios e profesionais do software libre e dos seus ámbitos de actuación durante dous días de traballo. A cita será na Cidade da Cultura de Galicia, os días 18 e 19 de outubro. Ler 0 comentarios... |
|
Venres, 20 Abril 2012 10:57 |
Despois da xornada de difusión levada a cabo por MeLiSA e Ainfogra, varios socios da Cooperativa Melisanto mostráronse interesados en incorporar a aplicación AinfoVac na xestión das súas explotacións.
O pasado xoves, 19 de abril, a Cooperativa Melisanto levou a cabo unha xornada de difusión da ferramenta informática AinfoVac, que xestiona tódolos procesos dunha explotación agrogandeira. Esta xornada contou coa colaboración da Asociación de Usuarios de Software Libre de Melide, e foi impartida por José Manuel Campos, director técnico de Ainfogra (Aula de Informática Agraria).
Un total de 15 socios e socias da Cooperativa puideron observar o funcionamento desta aplicación. AinfoVac xestiona toda a información que circula dentro dunha explotación, dende o control de gastos e ingresos, ata a xestión veterinaria do gando vacún, pasando pola conexión remota ao Control Leiteiro para envío e recepción de datos. Recentemente incorporouse un módulo que se pode instalar nun teléfono móbil con sistema Android, para a toma de datos ao lado das vacas, ou nas fincas que se estean traballando.
As persoas presentes na xornada mostráronse moi interesadas en incorporar esta aplicación na xestión das súas granxas, e formarán un grupo para poder asistir a un curso práctico, onde xa se explicará máis a fondo o uso desta ferramenta. Todas aquelas persoas interesadas en asistir a esta formación, e que non puideron asistir a esta xornada de presentación, poden poñerse en contacto coa Cooperativa Melisanto para integrarse dentro deste grupo.
AinfoVac, é unha aplicación distribuída baixo licenza libre (GNU/GPL), e pódese obter de forma gratuíta dende a páxina web ainfogra.com. O curso que se imparta dende a Cooperativa tamén terá carácter gratuíto para os socios.
Ler 0 comentarios... |
|
Mércores, 11 Abril 2012 17:12 |
O próximo 19 de abril, ás 12 da mañá, na Cooperativa Melisanto, terá lugar unha xornada de difusión para dar a coñecer a aplicación de xestión de explotacións agrogandeiras, AinfoVac.
A xornada será impartida por José Manuel Campos, director técnico de Ainfogra, e Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de MeLiSA, e conta coa colaboración da Cooperativa Melisanto, ASETEM e o Concello de Melide.
O acto está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man as características desta aplicación informática, e especialmente aos propietarios de explotacións agrogandeiras.
AinfoVac é unha aplicación informática deseñada para a xestión dunha explotación gandeira en tódolos seus procesos productivos. Conta con módulos de facturación, xestión de compras e ventas, rexistro de animais, control xenético, control de cultivos, alimentación, vacinación, etc.
Esta aplicación distribúese baixo unha licenza libre que permite a súa utilización, copia e modificación, así como a distribución gratuita.
Ler 0 comentarios... |
|
Martes, 22 Novembro 2011 21:00 |
|
O próximo martes, 29 de novembro, imos celebrar no IES de Melide, dúas sesións de achegamento ao software libre para os alumnos de 4ª da ESO. As sesións terán unha duración de 50 minutos, e asistirán un total de 30 alumnos, os cales poderán aclarar todas aquelas consultas que teñan acerca do uso de programas libres.
Próximamente, organizaránse outras dúas actividades, en este caso dirixidas ao equipo docente, nos centros de infantil e primaria da Martagona e Pastor Barral. O mes pasado realizouse a mesma actividade no CEIP Nº1, e nesta ocasión levaremos o software libre ata o resto de centros de primaria cos que conta Melide.
Tal e como publicamos noutras ocasións, o mundo do ensino ten moita importancia para nós, sendo un dos sectores aos que queremos dirixir o noso traballo de divulgación, co obxectivo de que as futuras xeracións poidan ter a oportunidade de decidir libremente o uso que queren facer da tecnoloxía.
Ler 0 comentarios... |
|