Últimas noticias
Agasol traerá a Galicia a Libre Software World Conference PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Maio 2012 11:49

LSWCA LSWC'12 será o maior evento celebrado en España acerca do software libre cun enfoque profesional e empresarial, e terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, os días 18 e 19 de outubro.

A Asociación de empresas galegas de software libre vén e asumir a organización do evento máis importante sobre software libre que se celebrará en España neste ano. Será a Libre Software World Conference 2012 -LSWC-, que contará co apoio constante de Asolif para converter dous días de encontro nunha importante ferramenta de divulgación de novidades, intercambio de coñecemento e proxectos de futuro en torno ao software libre.

O último precedente dun evento destas características foi a LSWC 2011 que se celebrou en Zaragoza. Tralo éxito da súa organización, agora é AGASOL a que asume a tarefa de traer á capital galega o foco de atención de empresarios e profesionais do software libre e dos seus ámbitos de actuación durante dous días de traballo. A cita será na Cidade da Cultura de Galicia, os días 18 e 19 de outubro.

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
O uso de software libre medra en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Setembro 2011 21:14

Como ben dicía un compañeiro nunha xuntanza en Vigo: "O uso de software libre ten moitas batallas ganadas, en realidade case todas, tan só quedan os portátiles, e cada vez menos escritorios". E non lle vou quitar razón despois de ler datos como os que aparecen no informe da Secretaría Xeral de Modernización.

A verdade é que temos que estar contentos e satisfeitos de que tanto esforzo en divulgar as múltiples vantaxes do uso de software libre, vaia dando os seus resultados. Sabemos da dificultade da tarefa, pero cada vez contamos con máis xente que está a promocionar o uso do software libre.

Ánimo a todos, e só podemos decir unha cousa: "seguimos na luta !!".

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
Como montar unha operadora móbil Open Source PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Agosto 2011 11:24

antena_telefoniaOpenBTS é un proxecto Open Source, creado por un pequeno grupo de veteranos da industria das telecomunicacións. Foron capaces de desenvolver esta rede de telefonía móbil aberta que ten un custo de implantación moi baixo, e que permite acceder a este tipo de comunicacións cuns prezos ridículos, que se poderían situar en torno a 1,5 euros ao mes por cliente.

O explican en detalle en Engineering for Change, un blogue no que falan das prestacións de OpenBTS, que permite sustituir ás redes móbiles tradicionais cunha serie de estacións de fácil instalación.

O sistema basease nun ordenador con Linux e un dispositivo chamado Universal Software Radio Peripheral (USRP). Con estos dous elementos, crease unha sinal que é idéntica a calquera outra sinal GSM, o estándar de telefonía móbil máis popular en todo o mundo.

A partires de ahí, entra en xogo o coñecido software Asterisk, gracias ao cal podemos convertir un ordenador nunha centraliña PBX, que se encargará de enrutar as chamadas.

Aínda que montar unha operadora comercial pode ser moi complexo, sí que podería ser unha boa solución para crear redes de telefonía privadas, que serían usadas por colectivos, como forzas de seguridade, empresas privadas, administración pública, etc.

Podedes atopar máis detalles sobre este apaixonante proxecto no artigo orixinal, ou ben na súa páxina oficial.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
GNU/Linux contra a "obsolescencia programada" PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Xullo 2011 19:59

obsolescencia_programadaA maioría de usuarios non precisamos un ordenador de gran potencia, pode chegarnos cun equipo antiguo para utilizar os programas máis comúns.

Os fabricantes de equipos informáticos recomendan o cambio de ordenador cada tres anos, aproximadamente. Esto ven provocado na súa maioría polo uso do Microsoft Windows, o cal vólvese inestable co paso do tempo, obrigando na maioría dos casos a unha reinstalación dende cero.

En cambio, o software libre, e máis en concreto GNU/Linux, son capaces de alargar a vida deses equipos que quedaron obsoletos para o uso con outros sistemas operativos.

Fonte: Diagonal

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com

Ler 0 comentarios...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 10

Movemento Asociativo

Cartel
A nosa mascota oficial: "a vaca Melisa" :)