Venres, 06 Maio 2011 08:10
Hai ocasións nas que pode costar entender que se agocha detrás do concepto de Software Libre. A definición máis usada di que é aquel software que podes usar, estudar, modificar e compartir .
Pero, imos poñer un exemplo usando dúas botellas de sidra asturiana (con mazá galega :) )
A botella da esquerda pertence a unha empresa que ten os dereitos sobre ela. Só podes probala nos seus locais, ao prezo que eles poñan, non podes compartila cos amigos e nunca che dirán de qué está feita. Saber sabe a sidra, pero estános prohibido facerlle ningún tipo de análise.
Sen embargo, a botella da dereita pertence a unha das moitas sidrerias que temos cerca. Por suposto, está feita con mazá, e ata che indican con qué variedade, non leva cousas raras, e por suposto, podes facerlle tantas análises como queiras. É máis, a receita que se usa neste local, foi mellorada ao longo dos anos coa axuda de todos os consumidores. Podes compartila con cantos amigos queiras, e onde queiras.
Â
A pregunta que vos fago é ¿con que botella quedades?
Â
Fonte: http://ubuntu-ast.org
Â
Ler 1 comentarios...
Domingo, 03 Abril 2011 19:21
Os nosos colegas de Inestable organizan a VIII edición das Xornadas GNU/Linux os próximos 21 e 22 de abril.
Estas xornadas constan de dous dÃas de obradoiros sobre o sistema operativo GNU/Linux e o software libre en xeral. Nelas pretenden achegar o público asistente os beneficios de empregar dito software.
Este ano contarán ademáis cun pequeno concurso chamado PKI, no que o gañador recibirá un premio.
A asistencia as xornadas é gratuÃta.
Este é o programa:
Xoves 21 Mañá (10 - 13.30)
Presentación (30') N. Vidal
Charla sobre software libre (90') S. Tabarés
Obradoiro de drupal (90') A. Permuy
Xoves 21 Tarde (16.00 - 19.30)
FEDWI (Porque internet non é software nin é libre) (90') D. Bañobre
Software libre na universidade (90') M. Branco , D. Lendoiro (formato barcamp)
Venres 22 Mañá (10 - 13.30)
Túneles IP cifrados con OpenSSH (90') O. Casal
Presentación Obradoiro Arduino (90') J. RodrÃguez
Venres 22 Tarde (16 - 19.30)
Presentación obradoiro de Lego iNXTable (90') N. Vidal
PKI, o concurso definitivo!
Â
Ler 0 comentarios...
Luns, 28 Marzo 2011 09:33
O pasado 24 de marzo lanzouse a versión 4.5 "Slaine"
Trisquel é un sistema operativo totalmente libre baseado en GNU/Linux, dirixido a usuarios domésticos, pequenas empresas e centros educativos. É un proxecto que conta co apoio da Universidade de Vigo .
A súa principal caracterÃstica é o emprego de software completamente libre, e iso fai que forme parte das distribucións puras recomendadas pola Free Software Foundation.
No blogue GenBeta fixeron algunhas probas a través dunha máquina virtual.
Â
Sitio Web | Descargas
Â
Ler 0 comentarios...
Xoves, 24 Marzo 2011 18:06
RMS:Â "Facebook no es tu amigo, no lo uses. Su modelo de negocio es abusar de los datos de sus usuarios"
Â
Fonte: Baquia
Â
Ler 0 comentarios...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
Páxina 8 de 13